jueves, 3 de diciembre de 2009

O portfolio electrónico das Prácticas de NNTT

Con esta actividade, as profesoras de Prácticas queremos invitarvos a que fagades o voso propio portfolio electrónico das Prácticas desta materia.
Para levar a cabo o mesmo, propoñémosvos que creedes o voso propio blog, incluido nel aspectos de reflexión, sentimentos, percepcións, etc. xunto con evidencias (anotacións, imaxes, páxinas web, etc...) que queiredes destacar sobre as propias prácticas realizadas na materia.
Deste xeito, o obxectivo é traballar con ferramentas da web 2.0 en xeral, e particulamente co blog, para recoller os apectos de reflexión xunto coas evidencias que exemplifiquen o proceso de aprendizaxe nas prácticas da materia de NNTT.

As TAREFAS a desenvolver son:
1. Activa unha conta en GMAIL.






2. Familiarizate coa aplicación Blogger.

3. Crea o teu propio blog. Ten conta de que:
- Lle pós un TÍTULO ao blog, por exemplo, "O portfolio electrónico das miñas prácticas de NNTT".
- Activas en Configuración-Permisos a todos (visible a todos).
- Os hipervínculos que fagas nas entradas, elementos... estén insertos no texto.
- Crea alomenos unha ENTRADA onde:
  • Título á entrada: podes chamarlle reflexións e evidencias, ...
  • Corpo da entrada: incluirás as reflexións, sentimentos, pensamentos, valoracións... que destacarías de cada unha das prácticas realizadas na materia. Para iso, debes incluir evidencias daqueles aspectos que estés comentando. Por exemplo, poder facer uso das autoavaliacións que en cada práctica fixeches e incluir capturas de pantalla que evidencie o que estás contando ou urls, imaxes, vídeos... O importante é que neste corpo da entrada tesnos que contar en forma de diario, memoria... o que as Prácticas supuxeron para o teu proceso de aprendizaxe e xustificado co que ata o momento xa tes realizado; así, esta actividade é de recordo e recompilación, non de creación. Recorda que se queres incluir algún hipervínculo a algunha web ou a algunha práctica túa, debes insertar o mesmo hipervínculo no propio texto (por exemplo, a palabra "TEMA" ten o hipervínculo insertado no propio texto: así estaría BEN; en cambio non queremos que poñades "http://faitic.uvigo.es/" para dicir TEMA: así estaría MAL).
  • Etiquetas: debes etiquetar esta entrada mediante palabras clave, por exemplo, portfolio, reflexión...
4. Accede ao blog da materia e envíanos a dirección do teu blog (url) por medio dun comentario nesta mesma entrada. É MOI IMPORTANTE que no comentario que nos escribes indiques:
- Nome e apelidos-GRUPO, por exemplo,
Mª Esther Martínez Figueira-GRUPO 1
Manola Raposo Rivas-GRUPO 2, 3 ou 4
- Nome do teu blog e url (por exemplo, NNTT Aplicadas á Educación Infantil (http://nnttgraoei.blogspot.com/)